jueves, 18 de febrero de 2016

Aplicacións Informáticas e licencias de software

Presentación Google Drive
  • Debes realizar unha presentación onde desenroles os seguintes conceptos das páxinas 62 e 63 do libro (non é necesario buscar información adicional):
    • Aplicacións Informáticas: Escritorio,Web e Apps.
    • Licencias de software.
  • Empregrando Google Drive (páxina 247 do libro), fai unha presentación  de 10 diapositivas aproximadamente.  O traballo debe repartirse entre os compoñentes do grupo e traballar simultáneamente no mesmo arquivo dende as distintas contas de Google. Ademáis unha primeira diapositiva adicional debe incluir nome do alumno, nome do traballo, curso, data e o nome IES Val do Tea.
  • A presentación debe aproveitar ó máximo os recursos da prataforma ( Google Drive) porque o que se valorará será que a información se transmita de xeito claro e conciso, ademáis de visualmente atractivo.
  •  O formato de texto,tamaño de letra, imaxes e cores empregadas é libre, pero debe existir proporción entre imaxes e texto. 
  • Crea un cartafol en Google Sites co nome "Aplicacións Informáticas e licencias de software" para subir todos os arquivos da presentación. O cartafol debe permitir o acceso só ó alumno e á profesora (mediante o meu email) para editar.
  • Crea unha entrada no teu blog co título "Aplicacións Informáticas e licencias de software" e dentro dela inclúe un texto con ligazón a o cartafol de Google Sites onde deben estar todos os arquivos da presentación.
  •  Inserta o código html da tua presentación para visualizala na entrada anterior.

martes, 26 de enero de 2016

Usuarios e permisos

Esta é a ligazón do traballo "Usuarios e permisos" realizado por Breixo Giraldez e Brais Correa

Presentación en Glogster
  • Debes realizar unha presentación onde desenroles os seguintes conceptos das páxinas 80 e 81 do libro (non é necesario buscar información adicional):
    • Usuarios e permisos.
  • Empregrando Glogster (páxina 252 do libro), fai un mural. Debe incluir nome do alumno, nome do traballo, curso, data e o nome IES Val do Tea.
  • O mural debe aproveitar ó máximo os recursos da prataforma ( Glogster) porque o que se valorará será que a información se transmita de xeito claro e conciso, ademáis de visualmente atractivo.
  • O formato de texto,tamaño de letra, imaxes e cores empregadas é libre, pero debe existir proporción entre imaxes e texto. 
  • Crea un cartafol en Google Sites co nome "Usuarios e permisos" para subir a presentación. O cartafol debe permitir o acceso só ó alumno e á profesora (mediante o meu email) para editar.
  • Crea unha entrada no teu blog co título "Usuarios e permisos" e dentro dela inclúe un texto con ligazón a o cartafol de Google Sites onde debe estar a presentación.

jueves, 21 de enero de 2016

Maquinas Virtuais

Esta é a ligazón do traballo de maquinas virtuais

 Presentación en Open Office Impress

  • Actividade 3 páxina 82. Máquinas virtuais Virtual Box e VMWare. Hai que buscar información na rede, en calquera páxina agás en Wikipedia.
  • Seguindo as indicacións das páxinas 229-245, fai unha presentación en Open Office Impress de 10 diapositivas, 5 para cada máquina virtual.  Ademáis unha primeira diapositiva adicional debe incluir nome do alumno, nome do traballo, curso, data e o nome IES Val do Tea. Tamén debe aparecer o tema musical empregado e o nome do grupo que o toca.
  • A presentación debe incluir:
    • 10 transicións distintas entre as 11 diapositivas. A presentación debe avanzar soa, seleccionando "Avanzar diapositiva automáticamente" durante o tempo necesario para poder visualizala.
    • Un tema musical de música galega non tradicional. Debe soar durante toda a presentación. Para que sexa así hai que inserilo na primeira transición e marcar a casiña "Repetir ata o seguinte son". Podes buscar música na seguinte ligazón e descargala a mp3 de Youtube dende aquí.
    • Unha UNICA ligazón a algún sitio web onde se fale das máquinas virtuais (de unha delas é suficiente).
    • Un UNICO vídeo onde se fale das máquinas virtuais (de unha delas é suficiente). Duración aprox. 2 minutos. Para descargalo de Youtube con Mozilla podes empregar DownloadHelper dispoñible aquí.
    • En cada diapositiva debe haber texto e algunha imaxe (excepto na diapositiva na que hai vídeo, nese caso non debe ir imaxe). 
    • En cada diapositiva debe haber unha UNICA animación no texto ou na imaxe. Todas as animacións deben ser distintas. Para que a presentación avance soa nas animacións hai que seleccionar "Avanzar despois do anterior" no efecto seleccionado.
  • O formato de texto,tamaño de letra e cores empregadas é libre, pero debe existir proporción entre imaxes e texto. 
  • Crea un cartafol en Google Sites co nome "Máquinas virtuais" para subir a presentación (o nome do arquivo será "Máquinas virtuais"+nome+1ºapelido+curso), o vídeo e a música. O cartafol debe permitir o acceso só ó alumno e á profesora (mediante o meu email) para editar. En caso que o tamaño do arquivo non permita subilo a Google Sites podes empregar Dropbox.
  • Crea unha entrada no teu blog co título "Máquinas virtuais" e dentro dela inclúe un texto con ligazón a o cartafol de Google Sites onde deben estar a presentación, o vídeo e a música.