jueves, 24 de septiembre de 2015

A miña música preferida.

Non teño un estilo en concreto que me guste máis que outro, gústame toda a música, só depende da canción, tanto si é música clasica coma se é rock.

Vou falar un pouco sobre un grupo que me gusta bastante: "Maroon 5"
Maroon 5 é unha banda de pop rock e pop3 estadounidense. O grupo formouse orixinalmente entre 1994 e 1995 como Kara's Flowers, mentres os seus integrantes cursaban a secundaria. Adam Levine, Jesse Carmichael, Mickey Madden e Ryan Dusick asinaron con Reprise Records e lanzaron un álbum, The Fourth World. Logo dunha resposta indiferente ao álbum, a banda separouse do seu selo discográfico e seguiron coas súas carreiras académicas na universidade. En 2001, a banda  reagrupouse e engadiu a James Valentine á agrupación, e seguiu unha nova dirección baixo o nome de Maroon 5.
Maroon 5 asinou cos Octone Records e gravaron o seu álbum debut en 2002, "Songs About Jane", publicado en xuño do mesmo ano, pero non lograron obter os discos de ouro, platino e triplo platino en varios países do mundo. O primeiro single da banda foi "Harder to Breathe", o que axudou a impulsar o álbum ao número 166 en Billboard 200. Os seguintes sinxelos foron "This Love" e "She Will Be Loved" , éxitos en América. Pero o grupo non gañou o premio Grammy como Mellor Artista Revelación.
Logo de moito fracaso non esperado a banda lanzou o seu quinto álbum de estudo, titulado V (pronúnciase "Five") que saíu o 2 de setembro de 2014 baixo o selo discográfico de Interscope Records , no cal, regresa o tecladista Jesse Carmichael logo da súa ausencia en Overexposed. O seu primeiro sinxelo "Maps" foi lanzado o 16 de xuño de 2014 para promocionar o álbum.